Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

WebQuest

A nosa WebQuest goza de seis subapartados: Introdución, Tarefa, Proceso, Recursos, Avaliación e Conclusión. En Introdución, achegamos a importancia que para nós tentar que as e os discentes coñecer e estar en contacto coa súa contorna xeográfica e cultural. No epígrafe de Tarefa, fixamos a finalidade do noso proxecto: achegarlles aos discentes a realidade marítima para que poidan coñecer e familiarizarse con diferentes aspectos vinculados ao mar e, polo tanto, á súa contorna. No apartado de Proceso atoparedes a explicación de todas as actividades que podedes levar a cabo para coñecer máis a nosa contorna mariña. As actividades irían dirixidas ao alumnado de 4º de Educación Primaria e poderían encadrarse dentro da materia de Ciencias da Natureza. A primeira delas chamada Vocabulario Marítimo, creada con educaplay, consiste nunha ruleta de palabras onde as e os escolares coñecerán 23 conceptos vinculados ao universo mariño. Contando cun máximo de 10 intentos e un tempo límite de 7 minuto