WebQuest
A nosa WebQuest goza de seis subapartados: Introdución, Tarefa, Proceso, Recursos, Avaliación e Conclusión.
En Introdución, achegamos a importancia que para nós tentar que as e os discentes coñecer e estar en contacto coa súa contorna xeográfica e cultural.
No epígrafe de Tarefa, fixamos a finalidade do noso proxecto: achegarlles aos discentes a realidade marítima para que poidan coñecer e familiarizarse con diferentes aspectos vinculados ao mar e, polo tanto, á súa contorna.
No apartado de Proceso atoparedes a explicación de todas as actividades que podedes levar a cabo para coñecer máis a nosa contorna mariña. As actividades irían dirixidas ao alumnado de 4º de Educación Primaria e poderían encadrarse dentro da materia de Ciencias da Natureza.
A primeira delas chamada Vocabulario Marítimo, creada con educaplay, consiste nunha ruleta de palabras onde as e os escolares coñecerán 23 conceptos vinculados ao universo mariño. Contando cun máximo de 10 intentos e un tempo límite de 7 minutos por cada tentativa, proporciónanse imaxes, unha para cada palabra, que axudarán a identificar todo o vocabulario marítimo proposto. Seredes capaces de completar toda a rosca ou teredes que dicir "pasapalabra"?
A segunda delas chamada Peixes da Costa Galega, creada tamén con educaplay, consiste nunha sopa de letras que contén en diversas posicións 10 nomes de peixes da costa galega co obxecto de que os escolares tomen conciencia da existencia desas especies e as coñezan. ¿Seredes capaces de atopar todos os peixes?
A última delas, que leva o nome de Especies Mariñas, elaborada con Wordwall consiste nunha especie de labirinto no que serán perseguidos mentres teñen que avanzar cara a resposta correcta das diversas preguntas que se lles ofrecen. O tema a tratar serían as especies mariñas da costas galegas. Seredes capaces de rematar a experiencia con todas as vidas?
Na sección de Recursos engadimos unha serie de recursos educativos que pode servir de axuda tanto para a realización das actividades anteriores como para ampliar os coñecementos e información sobre a contorna mariña.
En Avaliación ídesvos atopar cun cuestionario de Google e realizaredes todos xuntos na aula un Kahoot a través dun PIN que será proporcionado polo docente. Seguro que o facedes xenial!!!!
En Conclusión, achegamos unas reflexións finais sobre o proxecto levado a cabo.
Comentarios
Publicar un comentario