Reflexión sobre as ferramentas de autor
Na nosa opinión consideramos que as ferramentas de autor son outro método de aprendizaxe nas aulas, un método que fai que os aprendizaxes do alumnado sexan máis visuais e creando un maior interese por aquilo que se lles mostra, os xogos interactivos… Estas técnicas axudan ao profesorado para crear actividades moito máis interactivas, facendo que sexa moito máis atractivo o feito de aprender. Na nosa opinión, créase moito máis interese. Pola contra, pensamos que para realizar este tipo de actividades é necesario que nas aulas dispóñase do material necesario para que todo o alumnado poida acceder para conseguir así máis fluidez á hora de realizalas. No caso de que as actividades se teñan que realizar en casa os docentes teñen que ter en conta a posibilidade de que algún alumno ou alumna non dispoña de dispositivos tecnolóxicos.