Actividade Vocabulario marítimo
A realización da seguinte actividade poderíase propoñer na materia de Ciencias da Natureza. Creada con educaplay, o destinatario diana podería ser o alumnado de 4º de Educación Primaria. A tarefa consiste nunha ruleta de palabras onde as e os escolares coñecerán 23 conceptos vencellados ao universo mariño. Contando cun máximo de 10 intentos e un tempo límite de 7 minutos por cada tentativa, proporciónanse imaxes, unha para cada palabra, que axudarán a identificar todo o vocabulario marítimo proposto.
Seredes capaces de completar toda a rosca ou teredes que dicir
" pasapalabra"?
😁😄😊
Comentarios
Publicar un comentario