Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

Reflexión sobre as aplicacións de RA

  Tendo en conta que grazas a este novo tipo de tecnoloxía coñecida como Realidade Aumentada podemos facilitar a interacción entre ambientes reais e virtuais e, polo tanto, facilitar a formación cunha aprendizaxe moito máis lixeira e levadeira, podemos dicir que son numerosas as vantaxes que nos poden aportar o uso destas aplicacións neste eido. Para comezar, este tipo tecnoloxía é aplicable en diversos ámbitos, aumentando así as posibilidades do alumnado de coñecer en maior profundidade casi calquera tema que se pretenda tratar na aula e de aprender en distintos contextos. Ademáis, ofrece experiencias que permiten aos discentes identificar visualmente os obxectos que se pretenden estudar levando a cabo acciones que se ven reflectidas inmediatamente. Pola contra, estas aplicacións tamén contan coas súas desventaxes. Pois, actualmente todavía existe un gran descoñecemento de dita tecnoloxía, polo que sen saber facer un bo uso delas, a súa integración sería moi pouco útil. Mais, es...

Reflexión sobre a WebQuest

  Hoxe falarémosvos do que é unha WebQuest e cales son as súas vantaxes e desvantaxes. Primeiro de todo, unha WebQuest consiste na presentación dun conxunto de actividades establecidas polo docente que guían ao alumnado na procura de información utilizando os recursos da internet, e así desenvolver habilidades de uso da información e de pensamento crítico, xa que non todo o que podemos atopar na internet é válido, científico e fiable. Somos do Mar realizamos unha WebQuest para o noso alumnado, decidimos realizar unha reflexión sobre as vantaxes e desvantaxes que fomos observando ao longo das sesións. Primeiro de todo falaremos das vantaxes, neste caso, a WebQuest é unha ferramenta na cal o alumnado é o protagonista absoluto do seu proceso de aprendizaxe. Empregar este método provoca que o alumnado teña unha actitude positiva con respecto ao tema que se está tratando, fomenta a curiosidade, a creatividade e as ganas de seguir avanzando na actividade. É un recurso que permite que...