Reflexión sobre as aplicacións de RA
Tendo
en conta que grazas a este novo tipo de tecnoloxía coñecida como Realidade
Aumentada podemos facilitar a interacción entre ambientes reais e virtuais e,
polo tanto, facilitar a formación cunha aprendizaxe moito máis lixeira e
levadeira, podemos dicir que son numerosas as vantaxes que nos poden aportar o
uso destas aplicacións neste eido. Para comezar, este tipo tecnoloxía é
aplicable en diversos ámbitos, aumentando así as posibilidades do alumnado de coñecer
en maior profundidade casi calquera tema que se pretenda tratar na aula e de
aprender en distintos contextos. Ademáis, ofrece experiencias que permiten aos
discentes identificar visualmente os obxectos que se pretenden estudar levando
a cabo acciones que se ven reflectidas inmediatamente.
Pola
contra, estas aplicacións tamén contan coas súas desventaxes. Pois, actualmente
todavía existe un gran descoñecemento de dita tecnoloxía, polo que sen saber
facer un bo uso delas, a súa integración sería moi pouco útil. Mais, esto non é
o único, xa que ao tratarse dunha unión do mundo real co virtual, comeza a
deixarse de lado o contacto físico, que en certas idades pode resultar moi
importante para coñecer algo con exactitude e, ademáis, non todo o mundo ten
accesibilidade aos requerimentos tecnolóxicos que se precisan.
Comentarios
Publicar un comentario