Reflexión sobre a WebQuest
Hoxe falarémosvos do que é unha WebQuest e cales son as
súas vantaxes e desvantaxes. Primeiro de todo, unha WebQuest consiste na
presentación dun conxunto de actividades establecidas polo docente que guían ao
alumnado na procura de información utilizando os recursos da internet, e así
desenvolver habilidades de uso da información e de pensamento crítico, xa que
non todo o que podemos atopar na internet é válido, científico e fiable.
Somos do Mar realizamos unha WebQuest para o noso
alumnado, decidimos realizar unha reflexión sobre as vantaxes e desvantaxes que
fomos observando ao longo das sesións.
Primeiro de todo falaremos das vantaxes, neste caso, a WebQuest
é unha ferramenta na cal o alumnado é o protagonista absoluto do seu proceso de
aprendizaxe. Empregar este método provoca que o alumnado teña unha actitude
positiva con respecto ao tema que se está tratando, fomenta a curiosidade, a
creatividade e as ganas de seguir avanzando na actividade. É un recurso que
permite que os nosos alumnos descubran, gocen, pensen, e o máis importante,
aprendan dunha maneira divertida e enriquecedora. Un punto a favor deste método
é que en todo momento tense acceso a toda a información, é dicir, se nalgún
momento o alumno non lembra que debía facer nunha actividade poderá retroceder
nas páxinas (introdución, tarefa, proceso, recursos, avaliación e conclusión)
para lembrar que era o que debía realizar e finalmente, seguir coa actividade.
Por último, outro aspecto para remarcar, a utilización dunha WebQuest fai que o
alumnado desenvolva un espírito crítico respecto á información que se atopan na
internet a medida que van avanzando na actividade, xa que, como dixemos
anteriormente, non todo o que nos atopamos aquí é seguro.
A continuación, mostrámosvos os inconvenientes de
utilizar a WebQuest. En primeiro lugar, non toda a información que necesitamos
está na internet e non todo o que se atopa é de boa calidade, por tanto, en
ocasións poida que non atopemos a información que queremos. Doutra banda, o
feito de utilizar este método implica que as aulas teñan un bo acceso á
conexión da internet porque unha mala conexión podería dificultar a
aprendizaxe. Por último, é necesario que os docentes teñan tempo suficiente
para deseñar e crear adecuadamente a WebQuest, xa que se necesita coñecer ben a
aplicación que imos empregar para poder atopar os elementos e ferramentas que
necesitemos, que máis nos agraden e sexan máis útiles para que a actividade
sexa creativa e enriquecedora, este aspecto débese ter en conta porque en
moitas ocasións o profesorado carece de tempo para poder realizar ditas
actividades.
Deixámosvos o link da nosa WebQuest para que vos animedes a realizar. Podeis darnos a vosa opinión! Esperamos que vos guste!!
https://laumanaur2021.wixsite.com/my-site
😊😄😎
Comentarios
Publicar un comentario