Secuencia didáctica

Boas, hoxe imos facer unha reflexión sobre a Secuencia didáctica.

Consideramos de grande utilidade o emprego de ferramentas específicas dixitais á hora de elaborar unha secuencia didáctica. Botar man desta estratexia pode ser moi útil para o desenvolvemento profesional docente ao ser flexible e incluínte nos estilos e enfoques de ensinanza que cada profesor poida ter. Recursos como edCrumble ou Prográmame posibilítannos a nós como futuros docentes aprender a cómo seleccionar todo tipo de contidos, as tecnoloxías máis axeitadas para a súa ensinanza e a mellor maneira para abordalos co conxunto do alumnado. Tendo sempre como base o currículo da educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e as necesidades específicas dos discentes percibidas polos seus profesores, estes modelos dixitais constitúen unha guía que permite o deseño de actividades que involucran a flexibilidade curricular e a implantación das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Cómpre tamén identificar os participantes, destinatarios, materiais, tempo de duración, niveis cognitivos, etc para cada unha das actividades cuxa realización pretendemos levar a cabo nas nosas clases.





Comentarios

Entradas populares de este blog

WebQuest

Reflexión sobre as aplicacións de RA

Actividade Peixes da costa galega