Presentamonos!
Bos días, hoxe imos facer unha pequena presentación de nos, os creadores de Somos do mar
Laura Gómez Fontán
Eu chámome Laura e teño 18 anos. Vivo en Marín, unha vila situada moi preto da cidade de Pontevedra, e onde permanezo dende que nacín. Veño de cursar o bacharelato nun instituto de alí mesmo, igual que as escolas nas que levei a cabo tanto a educación primaria como a infantil, pero agora estou cursando o Grao de Educación Primaria na Universidade de Vigo. Sempre tiven claro que o que máis me gustaría sería poder traballar cos máis pequenos pola gran afinidade que con eles teño, ademáis da satisfacción que produce saber que podes axudalos e guialos durante o seu desenvolvemento, así como aportarlle os mellores valores posibles cara un futuro.
Aurora Gómez Graña
O meu nome é Aurora e teño 21 anos. Nacín en Barcelona e vivín alí ata os meus 20 anos. Actualmente, vivo en Ponteareas que pertence á provincia de Pontevedra. O ano anterior cursei o CFGS de Educación Infantil. Agora estou a cursar o Grao de Educación Primaria. Gustaríame traballar cos nenos/ as nun futuro porque desde ben pequena encantoume pasar tempo con eles/as e considero que son unha gran fonte de aprendizaxe. E penso que nas aulas todos/as aprendemos de todos/as, tantos os educadores dos educandos e viceversa.
Para min as TIC, están moi presentes no meu día a día, conseguindo así ser imprescindibles. Grazas a todas as ferramentas que nos achegan actualmente, podo comunicarme cada día coa miña familia e amigos que se atopan en Barcelona, podo informarme de todo aquilo que sucede na miña contorna.
Por último, para concluír a miña presentación, quero dar algúns datos curiosos sobre min. Primeiro de todo, son amante dos libros, encántame ler historias de romance e de fantasía, tamén son amante dos gatos e dos cans. Por último, considérome unha persoa moi sincera e extravertida.
Manuel Ángel González Martínez
Chámome Manuel Ángel González Martínez e teño 19 anos. Son de Caldas de Reis, unha pequena localidade situada a 21 km ao norte da cidade de Pontevedra. Cursei os meus estudos de infantil, primaria e secundaria en centros da miña vila e actualmente atópome cursando o Grao de Educación Primaria no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Elixín esta carreira porque me apaixona o reto de educar ás novas xeracións e intentar inculcarlles os mellores valores posibles e así poder aportar o meu gran de area a esta sociedade tan complexa na que vivimos.
Ata aquí unha pequena presentación dos compoñentes de Somos do mar. Esperamos que vos gustara!
Ata a próxima! Que teñades un bo día!
👋😀😊
Comentarios
Publicar un comentario