Reflexións sobre a importancia das NNTT na educación

Nesta nova entrega queremos reflexionar sobre a importancia das NNTT na educación

A continuación, mostrámosvos unhas preguntas que nos axudaron na nosa reflexión.

  • Aprenden mellor os/as nenos/ as coas  NNTT?
  • Faiche mellor ou peor profesor o uso de  NNTT?
  • Como crees que as vas a usar na túa aula o día de mañá?
  • As  NNTT como medio ou como fin?
  • Hai medios nos colexios públicos para traballar coas  NNTT?


Laura 

Na miña opinión, pode dicirse que as novas tecnoloxías proporciónannos un sen fin de estímulos que condicionan a maneira de educar e que, indubidablemente, fano de maneira positiva cando se realiza un bo uso delas. Penso que todo bo profesor debería ser capaz de adaptarse ao mundo no que vivimos, e por tanto, é a súa tarefa introducir estas novas dinámicas como unha ferramenta complementaria que estimule a aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos. Por iso, resultaría interesante que durante a nosa formación como docentes proporcionásesenos a información necesaria para poder aplicalo nun futuro como mestres. Con todo, moitas veces os centros educativos non contan cos medios necesarios para poder traballar coas novas tecnoloxías, polo que ademais da vontade do profesor, é preciso un maior investimento por parte dos centros neste ámbito educativo.

Aurora

Na miña opinión considero que as novas tecnoloxías son outro método de aprendizaxe nas aulas, un método que fai que as novas aprendizaxes do alumnado sexan máis visuais e creando un maior interese por aquilo que se lles mostra ou se xera ganas de querer participar, xogar ou aprender con estas ferramentas. Hai que ter en conta que as TIC engloban moitos aspectos dos cales se poden facer moitas prácticas moi interesantes, as cales poden axudar ao profesorado para crear aprendizaxes máis atractivas e enriquecedores. Non considero que o feito de utilizar ou non as  NNTT faga que un docente sexa mellor ou peor, penso que cada educador ten a súa metodoloxía para desenvolver as aprendizaxes, estes últimos deben ser sempre os máis adecuados para cada educando, sempre respectando o ritmo de desenvolvemento de cada  discente e tentar educar da maneira máis beneficiosa, pero, si creo que os mestres/ as, actualmente, deberían utilizar ditas ferramentas, xa que forman parte das novas xeracións. Doutra banda, habemos de ter en conta en todo momento de si as escolas poden achegar a todos os  educandos o material adecuado para realizar estas prácticas, en moitos centros isto é escaso ou nulo polo que provocan que as clases dirixidas ao redor das TIC, non sexan fluídas.

Manuel

Non teño dúbidas acerca da afirmación de que o emprego controlado e sensato das novas tecnoloxías posibilita que os discentes leven a cabo unha aprendizaxe máis amena e enriquecedora. Como condutores e guías dos procesos de ensino e aprendizaxe nas nosas mans está introducir nas dinámicas de cada sesión todas aquelas ferramentas que lles permitan ás nosas pequenas e pequenos un paso máis cómodo e feliz polos nosos centros educativos. Gustaríame precisamente poder aprender no grao que me atopo cursando a maneira máis axeitada de empregar as vantaxes do crecente mundo dixital na aula xa que se pode erixir como un dos mellores medios para simplificarlles aos escolares aqueles conceptos de difícil comprensión. Non menos relevante é a cuestión relativa a se os centros e institucións educativas contan con todo o equipamento dispoñible para traballar cas novas tecnoloxías, xa que algunhas veces é máis ben limitado polo que tamén cómpre reclamarlle ás administracións a dotación económica precisa para solucionar este problema.



Esperamos que vos gustara a nosa reflexión e esperemos que vós tamén reflexionásedes sobre has  NNTT. 

Ata a próxima! Esperamos que teñades un bo día!

👋😀😊



Comentarios

Entradas populares de este blog

WebQuest

Reflexión sobre as aplicacións de RA

Actividade Peixes da costa galega