Symbaloo

Boas, esta é a nosa reflexión sobre a plataforma  Symbaloo.


Despois de probar esta ferramenta opinamos que é moi interesante e con moita utilidade. Esta plataforma axúdanos ao equipo para ter todas as páxinas web e ferramentas que utilizamos para as actividades nun mesmo espazo, o cal fai que todos os compoñentes do grupo podamos acceder a estas web, documentos dunha maneira máis rápida e sinxela. O punto máis forte que atopamos, é que esta aplicación permítenos ao grupo para estar conectados, é dicir,  podemos establecer unha maneira de compartir todas aquelas páxinas web, ferramentas que nos parezan interesantes e queremos compartir co equipo. Doutra banda, cabe destacar que é unha plataforma fácil de compartir xa que con só un  link todo o grupo obtén o Symbaloo que creamos.
Na nosa opinión, o único punto débil que atopamos en  Symbaloo é que para manter a ferramenta compartida habemos tido que rexistrarnos coa conta de Google conxunta, parécenos máis sinxelo porque todos os compoñentes do grupo podemos engadir novos “ tiles” de maneira máis cómoda. 
Na nosa opinión, Symbaloo non ten máis aspectos débiles que debamos destacar xa que como dixemos anteriormente, parécenos moi útil pola facilidade coa que todos podemos contribuír a crear unha páxina con todos os recursos necesarios e máis utilizados á hora de realizar traballos. 
Por último, non coñecemos ningunha plataforma que se asemelle a  Symbaloo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

WebQuest

Reflexión sobre as aplicacións de RA

Actividade Peixes da costa galega