Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Symbaloo

Boas, esta é a nosa reflexión sobre a plataforma  Symbaloo. Despois de probar esta ferramenta opinamos que é moi interesante e con moita utilidade. Esta plataforma axúdanos ao equipo para ter todas as páxinas web e ferramentas que utilizamos para as actividades nun mesmo espazo, o cal fai que todos os compoñentes do grupo podamos acceder a estas web, documentos dunha maneira máis rápida e sinxela. O punto máis forte que atopamos, é que esta aplicación permítenos ao grupo para estar conectados, é dicir,  podemos establecer unha maneira de compartir todas aquelas páxinas web, ferramentas que nos parezan interesantes e queremos compartir co equipo. Doutra banda, cabe destacar que é unha plataforma fácil de compartir xa que con só un  link todo o grupo obtén o Symbaloo que creamos. Na nosa opinión, o único punto débil que atopamos en  Symbaloo é que para manter a ferramenta compartida habemos tido que rexistrarnos coa conta de Google conxunta, parécenos máis sinxelo porq...

REA

Imagen
Boas, imos realizar unha reflexión sobre os recursos que utilizamos. Tendo en conta que a educación debe adaptarse á sociedade cambiante e un mundo de constantes actualizacións, non cabe dúbida que una das maiores necesidades que se atopan sería a introdución cada vez máis profunda das novas tecnoloxías. Desta maneira, podemos afirmar que os recursos educativos abertos son realmente oportunos para o momento no que nos atopamos e que, o feito de que sexan accesibles, gratuítos e adaptables ás necesidades de cada docente,fai que poidan considerarse, en certo xeito, válidos para este ámbito.  Por iso, consideramos que son elementos de gran interese, que nos permiten incorporar materiais educativos con contido de calidade e innovadores no propio ambiente de aprendizaxe e mellorar o intercambio de coñecementos. Seleccionando nesta imaxe poderedes acceder ao noso Symbaloo, en este poderedes atopar todas as fichas dos recursos que escollemos.

Secuencia didáctica

Boas, hoxe imos facer unha reflexión sobre a Secuencia didáctica. Consideramos de grande utilidade o emprego de ferramentas específicas dixitais á hora de elaborar unha secuencia didáctica. Botar man desta estratexia pode ser moi útil para o desenvolvemento profesional docente ao ser flexible e incluínte nos estilos e enfoques de ensinanza que cada profesor poida ter. Recursos como edCrumble ou Prográmame posibilítannos a nós como futuros docentes aprender a cómo seleccionar todo tipo de contidos, as tecnoloxías máis axeitadas para a súa ensinanza e a mellor maneira para abordalos co conxunto do alumnado. Tendo sempre como base o currículo da educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e as necesidades específicas dos discentes percibidas polos seus profesores, estes modelos dixitais constitúen unha guía que permite o deseño de actividades que involucran a flexibilidade curricular e a implantación das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Cómpre tamén identificar os pa...

Reflexións sobre a importancia das NNTT na educación

Nesta nova entrega queremos reflexionar sobre a importancia das NNTT na educación A continuación, mostrámosvos unhas preguntas que nos axudaron na nosa reflexión. Aprenden mellor os/as nenos/ as coas  NNTT? Faiche mellor ou peor profesor o uso de  NNTT? Como crees que as vas a usar na túa aula o día de mañá? As  NNTT como medio ou como fin? Hai medios nos colexios públicos para traballar coas  NNTT? Laura   Na miña opinión, pode dicirse que as novas tecnoloxías proporciónannos un sen fin de estímulos que condicionan a maneira de educar e que, indubidablemente, fano de maneira positiva cando se realiza un bo uso delas. Penso que todo bo profesor debería ser capaz de adaptarse ao mundo no que vivimos, e por tanto, é a súa tarefa introducir estas novas dinámicas como unha ferramenta complementaria que estimule a aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos. Por iso, resultaría interesante que durante a nosa formación como docentes proporcionásesenos a información necesa...

A importancia das TIC para nós

Boas, hoxe contestamos a unhas preguntas relacionadas coa importancia das TIC para cada un de nós. Esperamos que vos guste! Que foi para min a tecnoloxía? Que lugar ocupou na miña educación? Se puidese destacar algo con respecto á tecnoloxía… Que sería? Laura Ao longo de toda a miña etapa educativa a tecnoloxía sempre xerou en min un gran interese, e na miña opinión podería dicirse que o seu uso favorece o desenvolvemento dos nenos e a súa atención cara certas actividades académicas. Con todo, creo que a presenza que tivo durante a miña traxectoria escolar foi bastante máis escasa do que me gustaría para a importancia que considero que teñen. Pero, a pesar diso, non podemos negar todo o que nos achegou e como cada vez resúltanos máis imprescindible, por exemplo, á hora de buscar información ou realizar calquera tipo de actividade. Aurora  Para min as tecnoloxías forman parte de min desde ben pequena, para min son outro método de aprendizaxe, xa que estes achégannos grandes ferramen...

Presentación do equipo!

Imagen
Boas! Somos Laura, Aurora e Manuel e queríamos darvos a todos a benvida ao noso blog, un ilusionante proxecto ao que decidimos chamar Somos do mar ao estarmos todos nós bastante vencellados a todo o relativo ao ámbito mariño ao vivir nas Rías Biaxas galegas. Pensamos que é moi importante para as e os discentes coñecer e estar en contacto coa súa contorna xeográfica e cultural e ao figurar as nosas residencias habituais preto do mar este convértese para nós nunha realidade que consideramos oportuno achegarlles ao futuro alumnado que curse os seus estudos en centros desta zona, constando ademais entre os nosos obxectivos contribuír a desvelarlle todos os segredos que se agochan trala idiosincrasia marítima, vital para a economía de moitas familias.

Presentamonos!

Imagen
 Bos días, hoxe imos facer unha pequena presentación de nos, os creadores de Somos do mar Laura Gómez Fontán Eu chámome Laura e teño 18 anos. Vivo en Marín, unha vila situada moi preto da cidade de Pontevedra, e onde permanezo dende que nacín. Veño de cursar o bacharelato nun instituto de alí mesmo, igual que as escolas nas que levei a cabo tanto a educación primaria como a infantil, pero agora estou cursando o Grao de Educación Primaria na Universidade de Vigo. Sempre tiven claro que o que máis me gustaría sería poder traballar cos máis pequenos pola gran afinidade que con eles teño, ademáis da satisfacción que produce saber que podes axudalos e guialos durante o seu desenvolvemento, así como aportarlle os mellores valores posibles cara un futuro. Aurora Gómez Graña O meu nome é Aurora e teño 21 anos. Nacín en Barcelona e vivín alí ata os meus 20 anos. Actualmente, vivo en Ponteareas que pertence á provincia de Pontevedra. O ano anterior cursei o CFGS de Educación Infantil. Agora ...