Entradas

WebQuest

A nosa WebQuest goza de seis subapartados: Introdución, Tarefa, Proceso, Recursos, Avaliación e Conclusión. En Introdución, achegamos a importancia que para nós tentar que as e os discentes coñecer e estar en contacto coa súa contorna xeográfica e cultural. No epígrafe de Tarefa, fixamos a finalidade do noso proxecto: achegarlles aos discentes a realidade marítima para que poidan coñecer e familiarizarse con diferentes aspectos vinculados ao mar e, polo tanto, á súa contorna. No apartado de Proceso atoparedes a explicación de todas as actividades que podedes levar a cabo para coñecer máis a nosa contorna mariña. As actividades irían dirixidas ao alumnado de 4º de Educación Primaria e poderían encadrarse dentro da materia de Ciencias da Natureza. A primeira delas chamada Vocabulario Marítimo, creada con educaplay, consiste nunha ruleta de palabras onde as e os escolares coñecerán 23 conceptos vinculados ao universo mariño. Contando cun máximo de 10 intentos e un tempo límite de 7 minuto...

Reflexión sobre as aplicacións de RA

  Tendo en conta que grazas a este novo tipo de tecnoloxía coñecida como Realidade Aumentada podemos facilitar a interacción entre ambientes reais e virtuais e, polo tanto, facilitar a formación cunha aprendizaxe moito máis lixeira e levadeira, podemos dicir que son numerosas as vantaxes que nos poden aportar o uso destas aplicacións neste eido. Para comezar, este tipo tecnoloxía é aplicable en diversos ámbitos, aumentando así as posibilidades do alumnado de coñecer en maior profundidade casi calquera tema que se pretenda tratar na aula e de aprender en distintos contextos. Ademáis, ofrece experiencias que permiten aos discentes identificar visualmente os obxectos que se pretenden estudar levando a cabo acciones que se ven reflectidas inmediatamente. Pola contra, estas aplicacións tamén contan coas súas desventaxes. Pois, actualmente todavía existe un gran descoñecemento de dita tecnoloxía, polo que sen saber facer un bo uso delas, a súa integración sería moi pouco útil. Mais, es...

Reflexión sobre a WebQuest

  Hoxe falarémosvos do que é unha WebQuest e cales son as súas vantaxes e desvantaxes. Primeiro de todo, unha WebQuest consiste na presentación dun conxunto de actividades establecidas polo docente que guían ao alumnado na procura de información utilizando os recursos da internet, e así desenvolver habilidades de uso da información e de pensamento crítico, xa que non todo o que podemos atopar na internet é válido, científico e fiable. Somos do Mar realizamos unha WebQuest para o noso alumnado, decidimos realizar unha reflexión sobre as vantaxes e desvantaxes que fomos observando ao longo das sesións. Primeiro de todo falaremos das vantaxes, neste caso, a WebQuest é unha ferramenta na cal o alumnado é o protagonista absoluto do seu proceso de aprendizaxe. Empregar este método provoca que o alumnado teña unha actitude positiva con respecto ao tema que se está tratando, fomenta a curiosidade, a creatividade e as ganas de seguir avanzando na actividade. É un recurso que permite que...

Reflexión sobre as ferramentas de autor

Na nosa opinión consideramos que  as  ferramentas de autor son  outro método de  aprendizaxe  nas aulas, un método que  fai que os  aprendizaxes  do alumnado  sexan  máis  visuais e creando un  maior interese por  aquilo que se  lles  mostra, os xogos interactivos… Estas técnicas axudan ao profesorado para crear actividades moito máis interactivas, facendo que sexa moito máis atractivo o feito de aprender. Na nosa opinión, créase moito máis interese. Pola contra, pensamos que para realizar este tipo de actividades é necesario que nas aulas dispóñase do material necesario para que todo o alumnado poida acceder para conseguir así máis fluidez á hora de realizalas. No caso de que as actividades se teñan que realizar en casa os docentes teñen que ter en conta a posibilidade de que algún alumno ou alumna non dispoña de dispositivos tecnolóxicos.

Actividade Peixes da costa galega

Na materia de Ciencias da Natureza, imos propoñerlle ao alumnado do cuarto curso de Educación Primaria a seguinte actividade creada con educaplay consistente nunha sopa de letras que contén en diversas posicións 10 nomes de peixes da costa galega co obxecto de que os escolares tomen conciencia da existencia desas especies e as coñezan. ¿Seredes capaces de atopar todos os peixes? 😁😛😊

Actividade Vocabulario marítimo

A realización da seguinte actividade poderíase propoñer na materia de Ciencias da Natureza. Creada con educaplay, o destinatario diana podería ser o alumnado de 4º de Educación Primaria. A tarefa consiste nunha ruleta de palabras onde as e os escolares coñecerán 23 conceptos vencellados ao universo mariño. Contando cun máximo de 10 intentos e un tempo límite de 7 minutos por cada tentativa, proporciónanse imaxes, unha para cada palabra, que axudarán a identificar todo o vocabulario marítimo proposto. Seredes capaces de completar toda a rosca ou teredes que dicir  " pasapalabra"? 😁😄😊

Actividade Especies Mariñas

 En relación á materia de Ciencias da Natureza propoñemos unha actividade creada con Wordwall ao alumnado de cuarto curso de Educación Primaria consistente nunha especie de laberinto no que serán perseguidos mentres teñen que avanzar cara a resposta correcta das diversas preguntas que se lles ofrecen. O tema a tratar serían as especies mariñas da costas galegas, Seredes capaces de rematar a experiencia con todas as vidas?😜